Artesáns do
Código Limpo

Somos dous desenvolvedores apaixonados pola tecnoloxía real. Fuximos dos atallos e construímos ferramentas dixitais robustas desde Lalín para o mundo.

Morte ao CMS Tradicional

Odiamos WordPress e os CMS prefabricados. Matan o rendemento e son un coador de seguridade. Nós programamos dende cero, garantindo plataformas ultrarrápidas e 100% invulnerables.

Solucións, non Webs

Non facemos "webs escaparate". Desenvolvemos software e ferramentas dixitais a medida que automatizan os teus procesos, escalan co teu negocio e resolven problemas reais.

Tecnoloxía "Km 0"

A nosa filosofía é profundamente local. Dende Lalín, buscamos protexer e potenciar o tecido empresarial de Galicia ofrecendo tecnoloxía punteira que compite a nivel global.

Radek - Full Stack Developer a2bits

Radek

Full Stack Developer
🥇 Ouro - Galicia Skills 2025
🥉 Bronce - Spain Skills 2026

A miña obsesión é o rendemento puro e a arquitectura impecable. Non me conformo con que algo funcione, ten que voar. Apáixóname espremer o hardware a través do código, creando sistemas eficientes e altamente seguros. Se hai un problema complexo, atopo a forma máis elegante de resolvelo.

Laravel Tailwind CSS Astro Svelte DevOps Linux PHP
Bartek - Full Stack Developer a2bits

Bartek

Full Stack Developer

Son un construtor de solucións dixitais. Gozo enfrontándome a lóxicas de negocio complexas e traducíndoas en interfaces limpas e intuitivas. O meu enfoque baséase na fiabilidade: escribir código escalable e configurar servidores Linux robustos para que cada proxecto durma seguro.

Laravel Tailwind CSS Astro Node.js DevOps Linux Bases de Datos

Falamos do teu Proxecto?

Se compartes a nosa visión e buscas unha solución dixital a medida, rápida e segura, estamos listos para o reto.

Iniciar Proxecto